Benvid@s!!

Este é o Blogue de Economía de Piruleta, um proxecto de Alumn@s do IES Audiovisual de Vigo. Esperamos poder levar a bo porto a gravación de esta curta, e desde aqui poderás seguir todos os pasiños que vamos dando para conseguilo.


domingo, 18 de abril de 2010

Parte dos días 14, 15 e 16 de Abril (PCV)

Ola!

Perdoade a tardanza en actualizar o blog, pero últimamente andamos moi liados cos proxectos finais.
Vou resumiros o que dixemos os días 14, 15 e 16 de Abril

O 14 de Abril.
- Este día o produtor da curtametraxe enviou e-mails a diferentes actores e actrices que el xa tiña contacto con eles. Logo tamén puxo un anuncio na AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia).

O 15 de Abril

- Na clase de PCV, o produtor revisou o seu e-mail para ver se alguén contestara ao anuncio. Moitas persoas están interesadas en participar, polo que o diretor (Paulo Bouzas) e produtor (Borja Fernández) estiveron vendo e revisando os curriculums que lles estaban chegando. Quedámonos asombrados da experiencia e do interese da xente para participar na curta. GRAZAS A TODOS OS QUE NOS ENVIAN E-MAILS PARA PARTICIPAR.

- Tamén enviouse e-mails para expoñerlle o proxecto a personalidades como: María Castro, Luis Zahera, Lucía Regueiro, Rubén Ríos, Carlos Sante, Brais Abad (que xa contestou e está interesado en participar) e un largo etc.

O 16 de Abril

- A última media hora da clase de (PCV) o noso equipo reuniuse, e estivemos vendo as partes que tería que levar o dossier que temos que entregar o día 27 de Abril. Logo de velas estivemos repartíndonos tarefas para que cada un fixera unha cousa diferente e así facelo mais rápido.

Isto é o que fixemos estes últimos días.
Agora so queda decidir que actores e actrices escolleremos e a seguir co proxecto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário