Benvid@s!!

Este é o Blogue de Economía de Piruleta, um proxecto de Alumn@s do IES Audiovisual de Vigo. Esperamos poder levar a bo porto a gravación de esta curta, e desde aqui poderás seguir todos os pasiños que vamos dando para conseguilo.


terça-feira, 27 de abril de 2010

Mais Actores e Actrices Confirmados!!!!

Ola a todos!!

Sinto a tardanza en actualizalo blog. Asi que comentareivos todo o traballo que estivemos a desenvolver durante estes días.

Antes de nada direivos que papeis desempeñarán os seguintes actores que xa están confirmados:
- Fernando Tato: Obreiro 3
- Humberto Longueira: Súbdito
- Marta González: Obreira 2

Unha vez dito isto, os anteriores días na clase de Produción de Cine e Video (PCV), fixemos o seguinte:

Xoves 22 de Abril.
- O grupo de produción de Economía de Piruleta, reuniuse para comentar as tarefas que cada un tivo que facer e preguntar dúbidas, e pedir datos necesarios para cubrir nos documentos para o Dossier.

Venres 23 de Abril.
- Eu, o produtor, baixei aos platós onde se desenvolvera a curta, para poder cubrir a ficha de localizacións de ambas estancias.
- Mais tarde, xa co meu compañeiro Victorio (Axudante 1), unha vez acabado o desglose estívose facendo cálculos de canto serían as dietas a pagar, aloxamento, etc. Tamén estableceuse os dias de rodaxe, e fixeronse os listados.

Luns 26 de abril.
- Onte, o produtor fixo a presentación para expoñer no Pitching. Tamén pediulle o Director que lle enviase todo o necesario para o Dossier.
- Tívose tamén problemas coa debuxante pero solucionouse e xa se encontrou debuxante.

Martes 27 de Abril.
- Confirmou o actor Fernando Tato.
- Pedín os Curriculums a todo o equipo técnico e artistico.

Saudos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário