Benvid@s!!

Este é o Blogue de Economía de Piruleta, um proxecto de Alumn@s do IES Audiovisual de Vigo. Esperamos poder levar a bo porto a gravación de esta curta, e desde aqui poderás seguir todos os pasiños que vamos dando para conseguilo.


terça-feira, 27 de abril de 2010

Fotografías do Plató


Mais Actores e Actrices Confirmados!!!!

Ola a todos!!

Sinto a tardanza en actualizalo blog. Asi que comentareivos todo o traballo que estivemos a desenvolver durante estes días.

Antes de nada direivos que papeis desempeñarán os seguintes actores que xa están confirmados:
- Fernando Tato: Obreiro 3
- Humberto Longueira: Súbdito
- Marta González: Obreira 2

Unha vez dito isto, os anteriores días na clase de Produción de Cine e Video (PCV), fixemos o seguinte:

Xoves 22 de Abril.
- O grupo de produción de Economía de Piruleta, reuniuse para comentar as tarefas que cada un tivo que facer e preguntar dúbidas, e pedir datos necesarios para cubrir nos documentos para o Dossier.

Venres 23 de Abril.
- Eu, o produtor, baixei aos platós onde se desenvolvera a curta, para poder cubrir a ficha de localizacións de ambas estancias.
- Mais tarde, xa co meu compañeiro Victorio (Axudante 1), unha vez acabado o desglose estívose facendo cálculos de canto serían as dietas a pagar, aloxamento, etc. Tamén estableceuse os dias de rodaxe, e fixeronse os listados.

Luns 26 de abril.
- Onte, o produtor fixo a presentación para expoñer no Pitching. Tamén pediulle o Director que lle enviase todo o necesario para o Dossier.
- Tívose tamén problemas coa debuxante pero solucionouse e xa se encontrou debuxante.

Martes 27 de Abril.
- Confirmou o actor Fernando Tato.
- Pedín os Curriculums a todo o equipo técnico e artistico.

Saudos.

quarta-feira, 21 de abril de 2010

Actores e Actrices Confirmados!!!!!!!!!!!!


Pepe Barreira (Home Rico)
Alfonso (Obreiro 1)
Merche Perez (Pobre 2)

terça-feira, 20 de abril de 2010

Parte do Día 19/04/2010

Ola! a todos

Vou a comentar o que estivemos facendo onte na clase de PCV.
Onte reunímonos Aitor, Victorio e mais eu para establecer o reparto de tarefas, que quedou da seguinte maneira:

- Ficha de locacizacións (Produtor: Borja)
- Descrición dos personaxes (Director: Paulo)
- Sinopse (Director: Paulo)
- Memoria Explicativa (Produtor: Borja)
- Analise de Direción (Director de Arte: ___)
- Normativización do guión (Axudante de Prod. 1: Victorio)
- Contratos de Cesión e de Dereitos de Autor (Produtor: Borja)
- Desgloses (Axudante de Prod. 1: Victorio)
- Listados (Axudante de Prod. 2: Aitor)
- Propostas de Actores ( Borja, Aitor e Victorio)
- Ficha Técnica (Axudante de Prod. 2: Aitor)
- Curriculums (Produtor: Borja)
- Cartas de Interese (Produtor: Borja)
- Plan de Traballo (Borja, Aitor, Victorio e Paulo)
- Orzamento (Borja, Aitor, Victorio e Paulo)

Así quedou o reparto de tarefas. Tamén onte púxenme en contacto con unha debuxante "Helena" para que nos faga uns bosquexos dos personaxes, aceptou e nun par de días poderemos ver os resultados.

Saudos

domingo, 18 de abril de 2010

Parte dos días 14, 15 e 16 de Abril (PCV)

Ola!

Perdoade a tardanza en actualizar o blog, pero últimamente andamos moi liados cos proxectos finais.
Vou resumiros o que dixemos os días 14, 15 e 16 de Abril

O 14 de Abril.
- Este día o produtor da curtametraxe enviou e-mails a diferentes actores e actrices que el xa tiña contacto con eles. Logo tamén puxo un anuncio na AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia).

O 15 de Abril

- Na clase de PCV, o produtor revisou o seu e-mail para ver se alguén contestara ao anuncio. Moitas persoas están interesadas en participar, polo que o diretor (Paulo Bouzas) e produtor (Borja Fernández) estiveron vendo e revisando os curriculums que lles estaban chegando. Quedámonos asombrados da experiencia e do interese da xente para participar na curta. GRAZAS A TODOS OS QUE NOS ENVIAN E-MAILS PARA PARTICIPAR.

- Tamén enviouse e-mails para expoñerlle o proxecto a personalidades como: María Castro, Luis Zahera, Lucía Regueiro, Rubén Ríos, Carlos Sante, Brais Abad (que xa contestou e está interesado en participar) e un largo etc.

O 16 de Abril

- A última media hora da clase de (PCV) o noso equipo reuniuse, e estivemos vendo as partes que tería que levar o dossier que temos que entregar o día 27 de Abril. Logo de velas estivemos repartíndonos tarefas para que cada un fixera unha cousa diferente e así facelo mais rápido.

Isto é o que fixemos estes últimos días.
Agora so queda decidir que actores e actrices escolleremos e a seguir co proxecto.

terça-feira, 13 de abril de 2010

Algúns Deseños do noso Decorado!!!!!!



Ola! Rapaces
Aqui deixovós algúns dos deseños do noso Decorado. Están moi currados, Paulo é unha máquina co photoshop. Espero que vos gusten. Saudos

quarta-feira, 7 de abril de 2010

Parte do Día (PCV)

Ola!!!!

Hoxe na clase de PCV, o grupo de ECONOMÍA DE PIRULETA, baixou o plató para establecer a distribución de todo o decorado, xa que nos ambientaremos todo en interior. Temos pensado facer unha cidade bastante currada, ya estiuvemos pensando os posibeis materiais que podemos utilizar para facer as fachadas das casas, etc, tamén queremos darlle un toque fantasioso, no sentido de que vai todo feito a man e quedaría moi ben.
A parte de todo isto tamén fixemos un croquis da distribucion unha vez visto o plató.

Por hoxe non fixemos nada mais.

Mais adiante subiremos fotografías de como será as cidades e fotografías do plató.